A autoedición deixou de ser simplemente “a alternativa” cando un artista ou un grupo musical non chega a un acordo cunha compañía discográfica.
Hoxe, a autoedición é un camiño que moitos artistas están a escoller para desenvolver a súa carreira musical, sempre baixo o seu propio criterio. E baixo ese mesmo criterio, unha boa proposta musical precisa de profesionais que axuden a difundila.
Hoxe, o artista é quen escolle aos seus acompañantes. Nós queremos acompañarte, asesorándote na publicación, distribución e divulgación do teu proxecto. Máis de 600 publicacións falan da nosa experiencia.
Invitámoste a coñecer os nosos produtos e servizos.