AutoEdita
Axudámoste no teu Proxecto
Máis de cinco anos traballando como asesores de empresas e institucións nos seus variados proxectos culturais: a nosa experiencia convértenos no principal produtor galego de soportes e xestión cultural. Ata hoxe temos producido máis de 700.000 unidades e 600 títulos diferentes.

Autoedita ofrece un servizo integral de edición. Xunto coa duplicación de soportes (CD, DVD, vinilo, miniCD, CDcard...) e o deseño gráfico, estamos especializados na xestión legal de licenzas e dereitos musicais, de contratos e na comercialización musical. Ademáis orientamos aos nosos clientes na produción cultural máis axeitada para os seus obxectivos e necesidades.

Para as empresas e institucións interesadas na difusión da cultura galega, temos dispoñible o noso amplo catálogo musical, con licenzas de uso e de sincronización para audiovisuais das obras dos autores e artistas galegos máis representativos en todos os estilos musicais.
Fotografía & Deseño
AUTOEDITA.com é unha iniciativa de Falcatruada